Chega a Rianxo Botando a lingua a pastar, de Cándido Pazó

23 Novembro 2021

O actor, autor e narrador Candido Pazó estará este sábado 27 en Rianxo para ofrecernos unha ración de humor galego, contos, historias e lerias. Será no Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas, onde ofrecerá ao público asistente (que terá que reservar a súa localidade a través da páxina web do Concello) Botando a lingua a pastar. Trátase dunha proposta da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Botando a lingua pastar é un espectáculo de narración hora dunha hora de duración no que se mesturan relatos tirados da tradición oral con historias de creación propia, achegas do propio autor, nos que se van engarzando comentarios relacionados coa lingua galega (curiosidades, uso, normalización e perspectivas), sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión directa e viva co público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...