Caramuxo Teatro leva a Boiro o espectáculo A nena que vivía nunha caixa de mistos

Este venres 12 de novembro a compañía Caramuxo Teatro vai visitar Boiro para representar o espectáculo A nena que vivía nunha caixa de mistos. Será ás 20.00 horas na Casa da Cultura. As entradas estarán dispoñíbeis o mesmo día da función a partir das 18.00 horas. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar.

A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte dunha triloxía sobre os contos populares, que Caramuxo Teatro comezou con As fabas máxicas e proseguiu con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil). Está inspirada no relato A vendedora de mistos de Hans Chistian Andersen. Ponnos na pel dunha nena que camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, que é o seu acubillo contra a intemperie e a noite.

Elenco: Laura Sarasola e Juan Rodríguez (manipulación monicreques)