Atopan posibles restos humanos nunha casa abandonada de Rianxo

Operarios que traballaban na rehabilitación dunha casa abandonada en Rinlo, no municipio de Rianxo, atoparon este xoves unha bolsa con ósos, un achado ante o que a Garda Civil iniciou unha investigación para determinar se son humanos e a súa orixe.  

Segundo informaron fontes próximas á investigación, os operarios comunicaron os feitos ao Posto de Rianxo da Garda Civil, que acudiu ao momento. Á zona, ademais, desprazáronse axentes da Policía Local.  

Estas fontes sinalaron que o suceso foi posto en coñecemento do xuíz de garda de Padrón e do médico forense. Despois diso, os restos foron trasladados á primeira hora da tarde ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Ademais, outras fontes explicaron que a casa na que se produciu o achado, situada na entrada a Rianxo, levaba tres décadas abandonada, despois de pertencer no pasado ao enterrador da localidade.

Google maps