“Así vai a boia”. Antón Luaces

07 Novembro 2021

Un dito popular, moi popular na Galicia mariñeira, define -sen dicir nada efectivo- a nada agradable perspectiva de futuro do sector marítimo-pesqueiro nesta comunidade autónoma feita a base de espiñas de peixe, patacas, millo. grelos e touciño: “así vai a boia”. E a boia por máis que aboie non estabelece marca para facer pensar que as cousas van ben.

Imos ver: Galicia perdeu en trinta anos a metade da súa frota pesqueira. Barcos vendidos a outros portos, achatarrados, amarrados sine die, cheos de óxido nos peiraos, etc. Mariñeiros sen horizonte que se refuxian no paro e na pensión por xubilación anticipada, coa ollada perdida no espìgón do seu porto. Armadores sen causa que venden como poden o que queda da súa empresa pesqueira e que renuncian para sempre a un cambio de modelo empresarial porque o mar xa non da máis de sí. E o presente non permite alegrías: o derradeiro en sair que apague a luz da chabola nos peiraos que un día transmitían sensacións de traballo e cartos sin conto. “A pesca váise ao carallo”, díxome un armador que, antes de selo, mamou o gasoil que lle deu a mariña mercante na máquina dun buque cinco ou seis veces máis grande que o seu arrastreiro abarloado no porto de cada día.

E agora ven o golpe definitivo na caluga: o anuncio da posible prohibición por Bruxelas (grazas mil, ecoloxistas!) de que o Estado manteña as axudas ao gasoil pesca que, para os armadores, fai máis levadeira a explotación dos seus barcos en calquera das modalidades e pola vía menos contaminada: a exención de impostos. Por todo isto dan grazas infindas ás organizacións que, actuando coma lobbys nas institucións comunitarias de Bruxelas, se permiten a machada de dicir que elas non reciben axudas económicas dos gobernos porque viven das cotas dos seus socios (polo carfallo abaixo, dí José). 

A realidade: o gasoil mariño incrementou o seu prezo nun 35% . O combustible é arestora o responsable di 40% dos custes que a frota pesqueira española debe asumir. Facer consumo, repostar, é engadir máis dór aos cadrís da economía o converter en maniotas puras e duras calquer intento de refrotar unha empresa que os estamentos gobernativos de España e a Unión Europea se encargaron de ir matando aos poucos  desde un principio. Xa morto o animal, con perdón, a ver quen o resucita. “O carallo 29”, remacha José, albiscando un futuro que non albisca.

A cousa: saberá a Comisión Europea. a Unión Europea, o Parlamento Europeo, a onde pode levar á maís importante frota pesqueira europea un paso desas carecterísticas tendo como temos diante nós a unha nación como é China, que fai o que lle peta e invade sen pestenexar cos seus produtos todos os mercados do mundo, morra quen morra no empeño de evitalo?. Non cae na conta., talvez, a UE de que importar máis peixe do que pescamos leva á frota comunitaria á máis tebrosa das foxas mariñas?. 

Conclusión: dí José que son tantas as cousas por facer para que a pesca máis ca unha posibilidade sexa unha realidade, que o millor é asubiar e agardar a que chova.Así vai a boia.

Outros artigos

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....

+

“25 de abril”. Manuel Dominguez

Este 25 abril 2024 cumple 50 años, medio siglo de historia, de aquella revolución de los claveles que trajo la democracia a Portugal. Fue la primera vez en la historia que los militares entregan el poder al pueblo y no se quedan en el cómodo sofá de la dictadura, como...

+

“Nuevo gobierno y muchos retos”. José Antonio Constenla

“Palabras, palabras, palabras”, decía Hamlet. “Gestos, gestos, gestos”, dicenahora analistas y politólogos. La política es palabra, es negociación, esdiscurso, es arte, y en este arte son fundamentales los gestos. Estos alberganuna intención política, crean un relato...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión