Ambar leva As paisaxes de Camille ao Teatro Principal da Estrada

10 Novembro 2021

A Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional representou este mércores 10 de novembro, no Teatro Principal da Estrada, a segunda das actuacións da proposta artística As paisaxes de Camille, concibida pola asociación para loitar contra a violencia de xénero poñendo especial énfase na alta incidencia desta lacra social no rural e, ao mesmo tempo, facendo unha homenaxe á importante contribución artística e humana da escultora Camille Claudel.

En concreto As paisaxes de Camille busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da dita escultora francesa Camille Claudel.

A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

A actuación contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais da Estrada, e de representantes do CIM da zona. En nome de Ambar estivo Zeltia Iglesias, responsábel do proxecto e integradora social da entidade. As persoas asistentes recibiron un agasallo personalizado elaborado polas persoas con diversidade funcional que asisten ós obradoiros ocupacionais de asociación.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Para máis información sobre o proxecto cómpre visitar a web de Ambar, no apartado específico sobre o mesmo. As integrantes da asociación tamén subiron ao Youtube un vídeo de presentación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...