Ambar amplía o prazo de inscrición para as súas formacións en industria alimentaria e aproveitamentos forestais

16 Novembro 2021

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional, con sede principal en Ribeira, vén de ampliar o prazo de inscrición nas súas formacións, completamente gratuítas, dirixidas as persoas con diversidade funcional menores de 30 anos.

As formacións Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria e Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais comezarán en xaneiro de 2022 e impartiranse de luns a venres no Centro de Recursos da Asociación Ambar en Ribeira (San Roque/Frións) de 10 a 14h. As persoas asistentes contarán cunha beca de 9€ ó día na fase teórica das formación e coa posibilidade de transporte adaptado.

Requisitos para participar

• Ter unha idade comprendida entre os 16 e 30 anos

• Inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

• Ter unha diversidade funcional recoñecida igual ou superior ó 33%.

Como inscribirse?

• Chamando ó 981 87 44 80

• Ou a través da ligazón específica de Ambar.

Para solicitar máis información: empregoinclusivo@asociacionambar.org.

Estas formacións son posíbeis grazas á subvención da Fundación ONCE concedida na Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade Uno a Uno

Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria

Data: Comeza o 17 de xaneiro de 2022.

Horario: de luns a venres de 10 a 14h

Duración: Un total de 340 horas:

• 220 formación teórica

• 120 formación práctica nunha empresa

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa No 5. Frións Ribeira

Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais

Data: Comeza o 24 de xaneiro de 2022.

Horario: de luns a venres de 10 a 14h

Duración: Un total de 320 horas:

• 200 formación teórica

• 120 formación práctica nunha empresa

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa No 5. Frións Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...