Aguiño e Palmeira acollerán as reunións do Grupo de Goberno ribeirense

04 Novembro 2021

O Grupo de Goberno decidiu que a partir da vindeira semana as súas reunións de coordinación, que habitualmente se celebran todos os luns, terán lugar en Aguiño e Palmeira de forma alternada.
Deste xeito, e logo de tratar os temas que forman parte destas reunións, alcalde e concelleiros con dedicación atenderán in situ aos veciños e veciñas da contorna que desexen expoñer alí asuntos que son do seu interese, sen ter que trasladarse para tal cometido á casa do concello.
Estímase unha duración de trinta minutos para as reunións de coordinación, e entre as 10 da mañá e as 12 do mediodía atenderase á veciñanza.
En Aguiño as reunións celebraranse na Aula de Música (Conservatorio) o primeiro e o terceiro luns de cada mes, mentres que en Palmeira desenvolveranse no segundo e no cuarto na Casa do Mar.
Sendo o vindeiro 8 de novembro segundo luns de mes, esta iniciativa arrancará polo tanto na instalación radicada en Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...