Aberta a inscrición para os cursos de autodefensa feminista en Ribeira

18 Novembro 2021

As mulleres maiores de 18 anos de Ribeira que estean interesadas xa poden inscribirse nos Cursos de Autodefensa Feminista: unha das iniciativas emprendidas polo Concello con motivo dos actos de conmemoración do 25-N polo Día contra a Violencia de Xénero.

Haberá dúas sesións, ambas no Complexo Polideportivo da Fieiteira: unha o 27 de novembro e outra o 4 de decembro. O horario é de 10 a 14 horas.

Para anotarse cómpre chamar o teléfono 981 874 131 ou mandar un correo electrónico a cim@ribeira.gal.

A actividade está promovida pola Rede Galega de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e impartida por especialistas da Federación Galega de Loita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...