A Xunta e o Concello da Pobra traballan arreo para facer realidade a mellora integral do Centro de Saúde

18 Novembro 2021

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, mantivo este xoves 18 de novembro unha xuntanza de traballo co delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen lle presentou ao rexedor unha proposta de convenio que permitiría levar a cabo unha mellora integral do Centro de Saúde no concello.

Segundo fixo saber Trenor, o orzamento previsto é de algo máis de 45.000 euros e sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Goberno local “ao tratarse dun edificio de titularidade municipal”. Pola súa parte, o Concello será o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas.

A Xunta elaborou a proposta de convenio tras o informe das necesidades do edificio presentado polo Concello. Segundo fixo saber Trenor, “o Goberno galego coordinaríase coa Administración local para non interromper a prestación sanitaria durante o desenvolvemento das mesmas, garantindo en todo momento a calidade asistencial dos veciños asignados a este centro”.

O delegado da Xunta repasou co alcalde o informe no que se reflexa a necesidade de levar a cabo esta actuación “porque o edificio require dunha serie de actuacións para o acondicionamento e melloras das súas instalacións que se foron deteriorando co paso do tempo”.

O representante do Goberno galego puxo en valor este investimento para “mellorar a calidade asistencial do Centro de Saúde e para facilitar o seu uso por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor por parte da Xunta para acondicionar o edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños da Pobra”.

Outros artigos

A V Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 31 de marzo

Este 31 e marzo disputarase finalmente a quinta edición da Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina. Trátase dunha proba organizada polo Club Remo Pobra (Club Remo Puebla) co patrocinio da Concellaría dos Deportes, ademais da colaboración da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...