A Semana contra a Violencia de Xénero en Dodro inclúe actividades nos centros escolares e no Centro de Día

18 Novembro 2021

Con motivo da celebración do 25-N (Día Internacional contra a Violencia de Xénero), o Concello de Dodro impulsou un programa de actividades en diferentes emprazamentos do termo municipal, dirixidas a sensibilizar á poboación sobre a importancia de pechar fileiras fronte a esta lacra social. As accións da Semana contra a Violencia de Xénero celebraranse dende o 18 ao 25 de novembro, dirixidas á poboación en xeral pero poñendo o foco nos escolares e nos maiores, de aí que o Concello incluíra os centros escolares e máis o Centro de Día entre os escenarios destas actividades.

En concreto, repartiranse guías de uso non sexista na linguaxe no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón e levarase a cabo contacontos pola igualdade e contra o maltrato na Escola Infantil, no CRA e no Centro de Día.

O 19 de novembro o salón de actos do Centro de Día acollerá o espectáculo teatral Soa, a partir das 20.00 horas.

O 20 de novembro celebrarase a terceira Andaina contra a violencia de xénero (saída ás 16.30 horas dende Bexo e Lestrobe até o Concello).

O Concello lembra que será necesaria a inscrición para a andaina e a obra de teatro. Pode facerse a través do teléfono 981 80 24 66.

Darase peche a esta iniciativa co manifesto contra a violencia de xénero no acto institucional do 25 de novembro, ás 12.00 horas diante da Casa do Concello.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...