A Policía de Rianxo efectuou 227 dispositivos ao abeiro do programa Vioxen para combater a violencia de xénero

24 Novembro 2021

Co gallo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (este 25 de novembro), a Policía Local de Rianxo fixo balance da súa actividade en materia de protección ás vítimas, máis concretamente a través da unidade de Vioxen creada a raíz da sinatura do convenio de colaboración co Ministerio do Interior.

Segundo lembra a Policía Local de Rianxo, este servizo botou a andar o 13 de marzo facéndose cargo da vixilancia, o control e a protección das ordes en vigor asignadas. Para isto os compoñentes da dita unidade efectúan labores de diversas características tendentes a asegurar e comprobar o cumprimento das ordes de protección, servizos que os axentes prestan tanto de uniforme como non, de acordo co operativo autorizado nese sentido pola Subdelegación do Goberno.

No balance faise saber que ao longo deste tempo efectuáronse 227 dispositivos preventivos de protección e vixilancia, 75 deles sobre os agresores e 152 sobre as mulleres e menores baixo a súa protección. Actuouse en 28 ocasións en materia de muller-menor en diversos puntos do concello procedéndose á detención e posta a disposición xudicial de 3 persoas por delitos de violencia de xénero e ó traslado dunha menor e da súa nai en situación de vulnerabilidade a lugar seguro.

Na actualidade o corpo da Policía Local de Rianxo ten asignada a protección de 10 mulleres e 4 menores.
O Concello ten actualmente 17 casos activos dos 1.825 da provincia da Coruña (a 31 de outubro) sendo o concello do Barbanza con menor número de casos activos de Vioxen.

Outros artigos

Unha muller ferida nun accidente na autovía en Asados

Unha persoa necesitou atención por parte dos servizos sanitarios logo dun accidente de tráfico ocorrido preto das cinco da tarde deste martes na autovía de Barbanza. O vehículo que conducía saíuse da vía na zona de Asados e terminou envorcado sobre o asfalto. Os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...