A Orixe participará na feira Fairway Santiago 2021

04 Novembro 2021

O Camiño A Orixe (o itinerario xacobeo marítimo-terrestre da nosa comarca) vai estar presente na feira Fairway Santiago 2021 que este domingo 7 de novembro abre as súas portas no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia, na cidade compostelá.

A participación de A Orixe no recinto expositivo ten lugar grazas a que a empresa Bahía Sub (quen colaborou no pasado verán na iniciativa La barca del peregrin, coa que se puxo en valor a Translatio con rutas en catamarán entre Pontecesures e Ribeira) puxo a disposición do Concello de Ribeira o seu stand dentro do certame feiral.

Así, a través deste expositor exhibirase diverso material promocional da Asociación de Amigos do Camiño, así como merchandising sobre esta ruta xacobea confeccionado pola empresa ribeirense Laguerzza co deseño do pintor aguiñense Manuel Ayaso.

Ademais, Turismo de Ribeira estará presente no obradoiro con turoperadores que forma parte de Fairway Santiago 2021, oforo de profesionais do Camiño que, como dixemos, celebra a súa cuarta edición na capital galega do 7 ao 9 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...