A interacción dos cetáceos coa frota de arrastre de litoral é practicamente nula, segundo un estudo

19 Novembro 2021

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira-OPP83 organizou este xoves 18 de novembro unha xornada informativa para os seus asociados con técnicos do IEO de Vigo para tratar a colaboración no proxecto CetAMBICion. Julio Valeiras e Eva Velasco, técnicos do Oceanográfico de Vigo, reuníronse cos asociados de arrastre do litoral da OPP83 para informar das diferentes accións a levar a cabo dentro deste proxecto no que participan o sector e científicos de Portugal, Francia e España.

A cooperativa lembra que a frota de arrastre do litoral leva estes dous últimos anos colaborando co fin de reforzar o coñecemento da poboación de arroaces e as súas interaccións coa pesca. A instalación de pingers, así como o embarque de observadores, foron as actuación levadas a cabo ata o de agora e nas que se puido constatar que é practicamente nula a interacción dos cetáceos con esta arte.

A OPP esta interesada en promover este tipo de iniciativas que axuden a implantar condutas de protección do medio ambiente entre a frota asociada, tanto no que atinxe a mellor xestión dos recursos pesqueiros como no coidado do medio mariño.

O proxecto CetAMBICion desenvólvese en aras de afondar no coñecemento científico da poboación de golfiños, así como en analizar a eficacia das medidas de mitigación das interaccións coa actividade pesqueira.

Este proxecto involucra a 14 socios das administración públicas de España, Francia e Portugal, en colaboración co sector pesqueiro e ONG. Para o que, a petición do IEO, a Organización aportará toda a información que se demande e prestará a colaboración dos buques asociados.

O proxecto CetAMBICion (Estratexia coordinada de avaliación, seguimento e xestión de cetáceos na subrrexión do golfo de Biscaia e a costa ibérica) pretende responder á urxente necesidade de reducir as capturas accidentais de cetáceos nas pesqueiras da UE, en particular, no golfo de Biscaia e na costa ibérica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...