A finais de semana xa será obrigatorio o certificado covid nas visitas aos hospitais

14 Novembro 2021
Conselleiro de sanidade, julio garcia comesaña

O conselleiro de Sanidade explicou nunha entrevista na Radio Galega este domingo que nas próximas horas lle van remitir ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a normativa coa que pretenden facer obrigatorio o certificado covid para os acompañantes dos enfermos hospitalizados.

Julio García Comesaña indicou que suporía que “en calquera momento se lle podería requirir o certificado, ben sexa na planta, ben sexa nos accesos. Calquera profesional podería pedir ese requisito”. E confirmou que a medida se aplicaría ás visitas a enfermos hospitalizados, non aos que acudan con persoas a consultas ou probas diagnósticas. Explicaba que nestes casos, a diferenza dos ingresados, doente e acompañante poden manter a máscara posta todo o tempo.

O conselleiro abriu a porta a ampliar o uso do certificado covid a outros ámbitos sanitarios. Citou, en concreto, pacientes ambulatorios ou inmunodeprimidos. Dixo, en cambio, que non está agora sobre a mesa recuperalo na hostalaría, aínda que non o desbota se a situación empeorase, como medida preferente a retomar os peches no sector.

O titular de Sanidade amósase preocupado polo aumento de incidencia en Galicia nas últimas semanas.

“Non é descartable que volvamos a ter unha situación complexa vendo o que estamos vendo tamén noutros países”

Advertiu de “incrementos practicamente diarios do 5% “aínda que resalta tamén que a nosa comunidade segue a presentar cifras de contaxios moi inferiores ós que se están rexistrando noutras autonomías en España.

Campaña de vacinación

Comesaña adiantou tamén na Radio Galega a planificación coa que traballa o Sergas de cara á reapertura o venres dos puntos de vacinación masiva para a administración de doses de reforzo.

“Administraranse 29.000 doses cada día, unhas 203.000 á semana”

Sanidade traballa co obxectivo de rematar a inoculación desas terceiras doses ós 290.000 galegos de entre 70 e 79 anos o 30 de novembro. Completaríase tamén a administración de doses de reforzo para os 122.000 inmunizados con Janssen na nosa comunidade o 5 de decembro.

Paralelamente, o Sergas conta con rematar o 23 deste mes o reforzo de vacina para os maiores de 80 anos nos centros de saúde. Julio García Comesaña desvelou que o 90% está aceptando recibir ó mesmo tempo a dose contra a gripe.

O conselleiro detallou que ata esta fin de semana se distribuíran xa 375.000 doses de vacinas da gripe, con taxas de adherencia semellantes “ou incluso lixeiramente superiores” aos rexistrados o ano pasado.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...