A Deputación da Coruña lanza unha campaña en Internet que une lingua e divulgación científica

11 Novembro 2021

A Deputación da Coruña lanzou unha campaña en Internet, a campaña #AsPalabrasDaCiencia, para fortalecer os vencellos entre lingua galega e divulgación científico-tecnolóxica. Fíxoo con motivo da celebración do Mes da Ciencia en Galega, a través da área de Normalización Lingüística. A través dela, poranse a disposición da cidadanía entrevistas, reportaxes, pílulas históricas e propostas de lecer. O obxectivo é achegar estes contidos a todos públicos, facendo especial fincapé no infantil e no xuvenil.

A través da campaña As Palabras da Ciencia a Deputación sorteará un telescopio e lotes de libros de divulgación científica entre as e os internautas que axuden a difundir a iniciativa, que se vai estender até o final de mes mostrando “o firme compromiso da institución provincial co mundo científico e a importancia de dinamizar a lingua nun sector de indubidable referencia social”.

A iniciativa, que contará cunha imaxe gráfica propia, espallará nas redes sociais da institución provincial (Facebook, Twitter e Instagram) contidos que asocian os valores da ciencia co uso do noso idioma. “A través deles”, sinalan dende a área de Normalización Lingüística, “coñeceremos o traballo de científicos e científicas, achegarémonos a centros de referencia na investigación e divulgación científica e repasaremos fitos históricos da nosa ciencia”. Amais, mostraranse proxectos científicos que se desenvolven na provincia e que contan co apoio da Deputación da Coruña, que engade que “os e as internautas serán as protagonistas e motor principal desta campaña”.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...