A Comunidade de Montes de Baroña organiza este domingo a quinta edición da súa Xornada Micolóxica

04 Novembro 2021

Este domingo 7 de novembro, coincidindo co afianzamento do tempo outonal, a Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son) organiza a quinta edición da súa Xornada Micolóxica. A actividade dará comezo ás 9.30 horas no local da Comunidade.

A esa hora haberá unha charla explicativa sobre os aspectos máis destacados da micoloxía (tipos de fungos, métodos de selección e identificación, características, etc) e ás 10.30 horas está prevista unha saída ao couto micolóxico de Baroña para recoller cogomelos, con asesoramento profesional durante todo o percorrido.

A continuación, sobre as 11.30 horas, realizarase unha xuntanza na Casa Forestal para a selección e posterior preparación dos exemplares recollidos, elaborados de maneira diversas. A xornada rematará ás 14.00 horas cunha degustación dos prazos realizados. Recoméndase aos participantes levar calzado cómodo e apto para as andainas polo monte, amais de roupa axeitada e un cesto de vimbio ou semellante para a recollida de exemplares. Para máis información chamar ao 679 156 855. As prazas son limitadas (data límite o 5 de novembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...