A Casa da Cultura de Lousame acolle este xoves a inauguración da exposición Nós tamén fomos emigrantes

10 Novembro 2021

A Casa da Cultura de Lousame acollerá mañá xoves 11 de novembro, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da exposición Nós tamén fomos emigrantes, promovida pola Axencia EFE, Afundación, Xacobeo 21-22 e o Concello de
Lousame. Unha mostra que será inaugurada por:
 Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame
 Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación
 José M. Vilariño, coordinador institucional de Abanca na Coruña.
Nós tamén fomos emigrantes é unha exposición itinerante que inclúe unha selección de corenta fotografías sobre a emigración galega e española tiradas por fotoxornalistas da Axencia EFE. A exposición poderá visitarse de xeito gratuíto en Lousame ata o vindeiro 26 de decembro.

Outros artigos

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...