O BNG de Ribeira pídelle o alcalde que se centre en parar os recortes no Ensino

17 Outubro 2021

O Bloque Nacionalista Galego mostra o seu apoio, unha vez máis, á da comunidade escolar de Ribeira, especialmente ás ANPAS, ante os recentes ataques e descualificacións feitas por parte do goberno local.

Os nacionalistas recriminan que o Partido Popular acuse ás ANPAS “de querer confrontar” por desenvolver accións que perseguen, como único fin, defender o dereito básico de ter unha educación pública e unha atención de calidade para a rapazada.

Censuran a actitude do goberno local por dedicarse a atacar á comunidade escolar no canto de traballar para deter a vaga de recortes que está aplicando o seu partido nos centros educativos de Ribeira, onde reduciron máis de 18 profesores e profesoras. O concelleiro do Bloque, Luís Pérez Barral, explicou que o goberno do Concello ten a obriga defender os intereses da veciñanza de Ribeira por riba dos intereses do Partido Popular “pero xa sabemos que prefire obedecer a Feijóo e atacar a comunidade escolar que lexitimamente actúa para defender un ensino público de calidade” argumentou Barral.

Desde o BNG consideran que o alcalde e o seu equipo deberían poñerse a traballar e instar á Consellaría de Educación a reverter os recortes nos centros educativos do municipio, pois están provocando consecuencias negativas entre o profesorado e o alumnado, especialmente aquel que ten dificultades.

Pérez Barral cre que se o rexedor estivese preocupado pola educación pública, tería reunido o Consello Escolar Municipal que leva anos sen convocarse, incumprindo a súa propia regulación. “Solicitamos que paren os ataques contra a comunidade escolar e convoquen ese órgano de decisión de inmediato para tratar asuntos tan importantes como as consecuencias dos recortes, as necesidades de cada centro para afrontar a pandemia, a coordinación entre os centros e o concello e outros asuntos de interese” concluíu.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.