O alumnado de secundaria de Ribeira comeza a visitar a mostra sobre Carvalho Calero no porto

13 Outubro 2021

O paseo do Malecón de Ribeira deu acubillo na mañá deste 13 de outubro á primeira das visitas guiadas que o alumnado de bacharelato do IES Número Un de Ribeira fai á exposición ao aire libre que sobre o escritor Ricardo Carvalho Calero (homenaxeado nas Letras Galegas en 2020) está a exhibirse neste enclave ata o 17 de outubro.

Concretamente, ás nove da mañá achegouse un grupo de primeiro de Bacharelato, en tanto que mañá á mesma hora fará o propio un segundo grupo e o venres acudirán outros dous, ás 9 e ás 13.45 horas.

Esta iniciativa foi idea do Servizo de Normalización Lingüística que se puxo ó dispor dos centros de ensino de Ribeira para realizar estas visitas. O obxectivo é que os mozos e mozas coñezan dun xeito ameno a figura de Carvalho Calero, a súa xuventude, a familia, o galeguismo, a guerra e os seus estudos e significación do mundo galego e da lusofonía.

Tras rematar a actividade entregouse ao centro un exemplar cedido pola Deputación da Coruña para os fondos da súa biblioteca. Recibiron a publicación en banda deseñada Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra, de Xico Paradelo, Irene Veiga e Iván Suárez e Certificar a historia. Escritos sobre Carvalho Calero de Pilar García Negro, na que se aborda a obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2020.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.