Unha persoa resultou ferida nun accidente en Oleiros en Ribeira

29 Outubro 2021


Accidentes y Noticias

Unha persoa resultou ferida ao saírse da vía co vehículo no que circulaba, en Ribeira, e bater contra outros dous estacionados.

O 112 Galicia recibiu a chamada dunha testemuña do accidente, ocorrido no cruce da estrada comarcal AC-303 coa AC-550, en Oleiros, na que daba aviso de que un turismo acababa de quedar envorcado na estrada pero que non había ninguén atrapado no seu interior.

De inmediato, desde o CIAE-112 facilitóuselle a información aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, aos Bombeiros da localidade e ao GAEM de Ribeira.

Ao final, os efectivos de emerxencias do concello confirmaron ao 112 que o condutor do vehículo, e único ocupante, foi quen resultou ferido.

O choque foi aparatoso e rexistráronse cuantiosos danos materiais. Un dos coches acabou envorcado sobre un lateral, e pola calzada quedaron dispersos restos dos turismos implicados.

Accdientes y Noticias

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.