Os sábados de outubro temos unha cita formativa co gravado en Rianxo

22 Setembro 2021

O Concello de Rianxo, o Museo do Gravado de Artes (Ribeira) e a Deputación da Coruña organizan este mes de outubro unha actividade de formación e dinamización enmarcada no programa de celebracións do centenario de Faustino Rey Romero, o sacerdote e escritor da parroquia de Isorna, autor de poemarios tan sobranceiros como Poema das materias sagras ou Catro sonetos ó destino dunha rosa. A devandita actividade consiste nun obradoiro de iniciación ao gravado. Celebrarase os sábados 9, 16, 23 e 30 de outubro de 10.00 a 13.00 horas. Está destinado para persoas maiores de 16 anos.

Segundo informa o Concello, trátase dunha iniciativa de balde pero é preciso formalizar unha inscrición previa no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal, ata as 12.00 horas do xoves 7 de outubro e/ou ata esgotar prazas 15 dispoñíbeis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.