O alcalde Manuel Ruiz Rivas cualifica de históricos os orzamentos acordados co PSOE

06 Setembro 2021

Manuel Ruiz no nome do grupo de goberno e José Manuel Vilas como voceiro do grupo socialista escenificaron este mediodía no salón de plenos a firma dun protocolo de actuacións que permitirá a aprobación dos orzamentos municipais para 2021.
Logo da sinatura, Vilas Álvarez manifestou que a firma foi posible logo dunhas negociacións arduas froito das cales son incluídas no documento orzamentario un total de catorce propostas plantexasas polo seu grupo política. Entre elas, o polígono industrial, o centro de deportes náuticos, a biblioteca, a mellora da mobilidade e a accesibilidade en determinadas vías como a rúa Castelao en Aguiño ou a rúa Fernández Bermúdez en Ribeira, así como a constitución da
Fundación Manuel Ayaso ou a exención de taxas para o 2022 na hostalería e o reequilibrio na bonificación de taxas de saneamento logo de poder aforrar 800.000 euros tras a adxudicación da explotación das EDARs a FACSA.
“Ribeira non debe estar sen orzamentos”, subliñou José Manuel Vilas, quen lembrou que foi o único grupo da oposición que presentou propostas e alternativas aos orzamentos, que agora se plasman no protocolo de actuacións firmado.
En canto a Manuel Ruiz, destacou que a aprobación dos orzamentos era unha oportunidade que ningún concello podía deixar escapar, xa que tras moitos anos solicitando que non rexira a regra de gasto preséntase esta ocasión histórica: “Ribeira pode crecer moi por riba do que viña facendo”, afirmou. Neste senso, os orzamentos alcanzan
unha cifra histórica: 36.415.804 euros (o que supón un 49,48% máis que no último exercicio) e un gasto por habitante de 1.356 euros: “posiblemente o maior de Galicia entre os municipios da nosa fisonomía coa excepción de Arteixo”.
Ruiz Rivas lembrou que fai dous meses se dirixiu a todos os grupos representados na Corporación para recabar as súas propostas e que unha semana despois o partido socialista presentou unha serie de iniciativas que consideraban ineludibles á hora de ser recollidas nos orzamentos, razón pola cal o alcalde agradeceu a claridade nas negociacións no grupo que encabeza José Manuel Vilas.
Manuel Ruiz manifestou que sen estes orzamentos Ribeira non podería ter un novo polígono industrial, xa que van consigandos os gastos de expropiación, proxecto técnico e urbanización dunha obra que supera os 8 millóns de euros. Nin tampouco outras grandes infraestruturas habituais nos debates plenarios, tales como a nova biblioteca, a sede de deportes náuticos, o módulo de atletismo ou a escola de ballet, que se suman a outras como as reformas da UAD, a
Casa da Xuventude e o Conservatorio.
Ademais, o alcalde explicou que os orzamentos inciden no desenvolvemento dunha Ribeira sostible, ao incorporar a instalación de paneles solares en edificacións públicas e a recarga de vehículos eléctricos ademais de seguir impulsando o plan de composteiros comunitarios. Tamén posibilitarán que durante medio ciclo o Concello poida xestionar 53 hectáreas que se corresponden con montes da comunidade de Artes, propiciando así a rexeneración de áreas forestais. Tamén haberá un novidoso programa de embelecemento urbano e mobiliario de entornos verdes que se xunta coa mellora da accesibilidade da fronte marítimo en Carolinas. Así mesmo, crearase no Touro un espazo urbano deportivo e xuvenil con propostas como o skate e destinaranse 600.000 euros a un programa dirixido ao
mantenemento de infraestruturas municipais.
Tamén manifestou que o gasto social se incrementa un 18%, educación un 9%, saneamento un 20%, abastecemento un 7% e fortalécense áreas como o CIM, Comercio, Turismo, Deportes e Policía Local.
Por último, salientou o carácter transparente dos orzamentos con 1.000 partidas presupuestarias desagregadas.

Outros artigos

CONGALSA afianza as relacións ca Associação Empresarial de Portugal

Co obxectivo de “fortalecer as relacións comerciais e explorar novas oportunidades de cooperación”, unha delegación da AEP - Associação Empresarial de Portugal, liderada polo presidente do Consello de Administración, Luis Miguel Ribeiro, visitou as instalacións de...

+

Este venres rematan as Festas da Guadalupe (festivo en Rianxo)

Este venres 19 de setembro celébrase en Rianxo o colofón final das Festas da Guadalupe 2024: a última xornada festeira (festivo local). Estará adicada á rapazada con actividades infantís durante todo o día. O Concello explica que "como non podería ser de outro xeito,...

+

Un home falece en Rianxo tras ser rescatado da auga

O suceso ocorreu ás 17 horas da tarde na praia de Tanxil, en Rianxo. Foi a esa hora cando un particular contactaba co 112 Galicia informando de que acababan de sacar a un home da auga e precisaba asistencia sanitaria urxente. Desde a sala de operacións do 112 Galicia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...