Boiro acolle entre 5 e o 9 de xullo unha nova ediciĆ³n do Depor Campus

04 Xullo 2021

O Concello de Boiro, xunto coa FundaciĆ³n Deportivo e a Escola de FĆŗtbol Municipal, promove unha nova ediciĆ³n do Depor Campus, que se vai celebrar entre os dĆ­as 5 e 9 de xullo no Campo de FĆŗtbol de ValiƱo.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na maƱƔ deste 10 de xuƱo na rolda de prensa na que tamĆ©n estiveron o coordinador de fĆŗtbol base do RC Deportivo da CoruƱa, Pablo Barros; o coordinador da EFM, Juanvi CameĆ”n; e o directivo da EFM, Julio GarcĆ­a.

Segundo informaron, esta serĆ” a cuarta ediciĆ³n do Depor Campus que se celebre en Boiro. PorĆ©n, debido Ć”s restriciĆ³ns sanitarias, as prazas estĆ”n limitadas a 60 participantes e os grupos serĆ”n reducidos para cumprir con todas as medidas. Seguindo este fĆ­o, a directiva da Escola de FĆŗtbol Municipal fixo fincapĆ© nos protocolos hixiĆ©nico-sanitarios que ā€œse van seguirā€ e ā€œna boa acollida que o campus tivo na pasada ediciĆ³nā€.

A actividade estĆ” destinada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 de os 14 anos e ten como obxectivo formar aos participantes en tecnificaciĆ³n deportiva e tamĆ©n transmitir os valores do deporte e do fĆŗtbol.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, mostrou o seu agradecemento a todas as partes colaboradoras na organizaciĆ³n deste campus xa que ā€œo deporte Ć© fundamental para os nosos nenos e nenasā€.

Dende a coordinaciĆ³n do Campus anunciaron que as inscriciĆ³ns estĆ”n abertas e que se poden facer a travĆ©s da web www.deporcampus.rcdeportivo.es ata o vindeiro xoves dĆ­a 1 de xullo.

Outros artigos

ļ€¾

Publicidade

ļ‡Ŗ

Revista en papel

ī„

OpiniĆ³n

“A vivenda” – JosĆ© Manuel Pena

“A vivenda” – JosĆ© Manuel Pena

Ɖ un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito bĆ”sico, fundamental e humano, como pode ser a educaciĆ³n, a sanidade, a prestaciĆ³n por desemprego ou a xubilaciĆ³n? A vivenda, en Galicia e no resto de EspaƱa, continĆŗa sendo un negocio e un ben de...