Os populares esixen á Deputación que acelere o proceso para que as axudas do PEL chegan aos seus destinatarios

04 Maio 2021

O grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña vén de mostrar o seu rexeitamento por como se están a desenvolver as entregas de axudas do Plan Reactiva 2, impulsadas polo Goberno da entidade provincial. Segundo fixo saber o grupo nun comunicado, a Deputación está a gabarse polo pago do dito programa de axudas cando “aínda non abonou aos destinatarios as contías do anterior programa”.

Os populares lembraron que xa levan tempo solicitando “unha maior axilidade e rapidez no proceso de tramitación de todas estas axudas debido a situación de emerxencia e necesidade económica que provocou a pandemia da COVID-19”, e ademais cargaron contra o Goberno provincial por ter, nas súas palabras, “completamente abandonados”aos negocios que resultaron beneficiados do primeiro plan posto en marcha pola Deputación da Coruña”.

E engaden: “Aplaudimos que o Executivo tomase nota das peticións que levamos tempo reclamando dende o noso grupo maioritario. Somos os primeiros que urximos a este Goberno a que pague canto antes unhas axudas que son vitais para a supervivencia do tecido económico da provincia”, subliñou o viceportavoz popular Evaristo Ben. Malia isto, o grupo insiste para que a Deputación da Coruña “actúe coa mesma dilixencia na tramitación e o pago das axudas do primeiro plan”. En palabras de Ben, “non ten sentido que uns negocios cobrasen nuns días e que aqueles que levan meses esperando aínda non recibisen os seus pagos”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.