Os Populares de Ribeira presentan proposición ao pleno da Corporación a prol dos servizos bancarios nas parroquias do municipio

26 Maio 2021

Os procesos de reestruturación en que están inmersas moitas entidades financeiras están a provocar o peche ou a redución de servizos en numerosas oficinas bancarias en toda a xeografía estatal, malia as eivas e molestias que
este tipo de decisións lles provoca aos veciños das localidades afectadas.
Neste senso, o pleno da Corporación de Ribeira vén de aprobar por unanimidade o pasado 18 de maio unha declaración institucional expresando a súa disconformidade co peche da sucursal de Abanca en Palmeira.
O Grupo Popular da Corporación Municipal de Ribeira, considera conveniente ir máis aló e que este Concello teña a ben adoptar cantas medidas sexan oportunas para garantir, tanto en Palmeira como no resto de parroquias do concello, que a veciñanza poida disfrutar da prestación duns servizos bancarios adecuados vivan onde vivan.
Ase mesmo os populares queren promover plans formativos en banca electrónica pensando en aqueles veciños e veciñas que teñan dificultades á hora de manexarse con este tipo de prestacións por Internet, contribuíndo así a reducir a fenda dixital.
En base ao exposto, o Grupo Popular do Concello de Ribeira propón:
1o- Solicitar de todas as entidade bancarias que operan no municipio o mantemento de todos os servizos que veñen prestando.
2o- A tales efectos o Concello deberá exercer labores de negociación ,mediación e presión se fose necesaria.
3o- Demandar do Goberno de España a posta en marcha dun plan contra a exclusión financeira no ámbito rural, así como o cumprimento das medidasrecollidas no acordo plenario de data 9/09/2020 no Senado. En particular,
proveranse as medidas necesarias para recuperar, garantir e incrementar a prestación de servizos bancarios con atención presencial os clientes e de xeito especial as persoas maiores e colectivos con especial problemas de
accesibilidade. Así mesmo, facilitar e promover a prestación de servizos bancarios en itinerancia, ben mediante oficinas móbiles ou ben en dependencias cedidas polas Entidades Locais, priorizando en todo caso a atención presencial ao clientes, promovendo convenios coas entidades bancarias ou coas empresas que puideran ofertar estes servizos en réxime de multimarca.

4o- Que a Xunta, dentro das súas competencias en materia de consumo, continúe cos seus programas de campañas informativas, así como de información e asesoramento en materia de servizos financeiros aos consumidores galegos, así como notificar o goberno de España das problemáticas que se detecten para que poidan adoptar as medidas necesarias para a súa resolución.
5o- Seguir o camiño do convenio firmado pola Fegamp e a Xunta para universalizar o acceso aos servizos bancarios e financeiros e manifestar dende o Concello de Ribeira o seu compromiso de impartir formación dixital que
permita a utilización de servizos bancarios a distancia, especialmente naquelas parroquias que carezan de caixeiros automáticos. Así mesmo, facilitar a través do oportuno concurso público a prestación do servizo de asistencia financeira que permita proporcionar aos habitantes do concello un nivel de servizo equivalente ao dunha oficina bancaria convencional.
6o- Co obxecto de garantir o nivel de servizos da parroquia de Palmeira, acelerar os trámites da reforma integral da AC-305 e do Porto e iniciar os necesarios para dotar a esta localidade dun Centro Social, e realizar unha
oferta oficial a Sociedade Hijos de Palmeira para o aluguer ou cesión do antigo campo de fútbol por 50 anos para dotalo dunha área que permita tanto a dotación de prazas de aparcamentos como actividades deportivas e de lecer.
7o- Dar traslado deste acordo ao Goberno de España, a Xunta e o Fegamp en aquilo que lles incumbe.

Consistorio de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.