Dez ofertas para a mellora do pavimentado en Sego, Artes

04 Maio 2021

As obras para mellorar o pavimentado do lugar de Sego, na parroquia de Artes (Ribeira), recibiron finalmente un total de dez ofertas. A vía en cuestión presenta na actualidade un aglomerado asfáltico que nalgúns treitos presenta claras evidencias de deterioro, con fochancas e disgregacións.

O Concello, con vistas a afianzar a seguridade viaria, elaborou un proxecto que prevé a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor, previo acondicionamento da superficie e a dotación dunha base de saburra artificial. Ademais, serán pavimentados os sobreanchos.

A obra ten un importe de licitación de 30.719, IVE incluído. O investimento forma parte do Plan Complementario ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.