Detido un veciño de Rianxo que rompeu o retrovisor dunha patrulla da Policía Local

08 Maio 2021

Un veciño de Rianxo foi detido pola Garda Civil como presunto autor de delitos de resistencia e desobediencia grave aos axentes, así como por danos tras romper o retrovisor dunha patrulla da Policía Local tras ser requirido polos axentes cando alteraba a orde pública.

Segundo informou a Garda Civil, a Policía Local foi requirida a unha das rúas de Rianxo debido á presenza dun individuo semidesnudo e sen máscara que alteraba a orde.

Unha vez no lugar, os axentes da Policía Local pediron ao home que cesase a súa actitude, ante o que o agora detido reaccionou de forma violenta ameazando aos axentes cun pau, co que golpeou o retrovisor do vehículo oficial ata a súa rotura.

Ante a actitude desta persoa, os efectivos solicitaron a colaboración da Garda Civil que, unha vez no lugar, procedeu á detención do home como presunto autor dun delito de desobediencia grave aos axentes, outro de resistencia grave e un terceiro delito de danos pola rotura do espello retrovisor do vehículo oficial.

O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Padrón.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.