Antonio Piñeiro foi profeta na súa terra coa presentación de “Celada”, a novela gañadora do Cidade Centenaria de Ribeira

01 Maio 2021

A programación cultural para o mes de abril do Concello de Ribeira concluíu na tarde de onte coa presentación da obra gañadora da sétima edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira:
“Celada”, do escritor local Antonio Piñeiro, un evento polo que houbo que agardar varios meses á espera de que as circunstancias covid propiciasen a súa celebración en condicións idóneas.

A actividade concentrou no auditorio municipal unha trintena de asistentes (o máximo do aforo permitido), os cales se viron agasallados por cortesía do protagonista do encontro cun gravado da súa factura titulado “Lúa, sentada e labirinto”.
Abriu a concelleira de Cultura, María Sampedro, quen amosou a súa satisfacción por poder levar a cabo esta presentación pendente cando precisamente se está a piques de que o xurado decida a obra gañadora da oitava edición deste certame de carácter bienal (a próxima semana está fixada unha reunión neste sentido).
Revoltas estudantís en Santiago
Acto seguido, o director de Xerais —a editorial que publica as obras galardoadas no concurso—, ensalzou a talla literaria de Antonio Piñeiro: “un autor respaldado xa por unha obra moi relevante e tamén por unha cantidade de premios moi significativa, como o García Barros, o Torrente Ballester, este Cidade Centenaria e ademais acaba de gañar o Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove”, anunciou. Así mesmo, loou a narrativa “coidada, elaborada e
profundamente persoal” do autor ribeirense, algo que se ve plasmado nesta novela “polifónica”, ambientada nas revoltas estudantís acontecidas en Santiago na década dos 70 do pasado século.
A continuación compareceu o propio Antonio Piñeiro cunha intervención na que manifestou que estamos ante un libro “fácil de ler”, cun argumento múltiple no que hai unha misteriosa historia de amor solapada debaixo da actividade insurxente desenvolvida na urbe compostelá, á cal cualificou de cidade pioneira nos grandes movementos estudiantís de protesta, á altura do famoso maio do 68.
Piñeiro tamén tivo palabras para o concurso ribeirense —”un premio de categoría no panorama literario galego”— e avogou por dinamizalo e poñelo en valor a través da creación de novas actividades relacionadas co mesmo como poderían ser ciclos ou talleres.
A presentación de “Celada” foi pechada polo alcalde Manuel Ruiz, quen, logo de augurar unha longa vida ao binomio Ribeira/Xerais, declarou que se levou unha gran alegría cando soubo que un autor ribeirense fora por fin distinguido no certame logo de que o recibiran outros literatos procedentes de municipios próximos como A Pobra,
Noia ou Vilagarcía.
No transcurso da súa intervención, Manuel Ruiz evocou algunhas das súas vivencias como estudante en Santiago, vivencias que a temática da obra lle fixo rememorar e que compoñían ao seu xuízo un mundo moi distinto ao que se vivía naquela época a apenas sesenta kilómetros en lugares como Ribeira.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.