A Asociación Francisco Lorenzo Mariño conmemora a festa do 17 de maio na compaña de Rilo & Penadique

17 Maio 2021
Vero Rilo e Sonsoles Penadique nunha dúas animadas sesións de narración oral e música

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño, con sede en Aguiño, vai celebrar este ano o Día das Letras Galegas cunha festa cultural que será unha reivindicación do noso e, tamén, un xeito de sobrepoñernos da longa adversidade que, se todo vai ben, comezaremos a superar. A festa, programada para o luns 17 de maio no Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, arrincará ás 19.00 horas. Será unha homenaxe a Xela Arias, a poeta distinguida este ano no Día das Letras Galegas, e tamén a todas as persoas que mantiveron aceso, nestes e noutros tempos, o lume da palabra.

Segundo explica a asociación, o formato será máis sinxelo có doutros anos, debido ás medidas de prevención contra unha COVID-19 que, cómpre non esquecelo, segue presente.

En concreto, consistirá nun espectáculo musical a cargo das contadoras Rilo & Penadique titulado Contos na punta da lingua. O espectáculo terá un aforo máximo de 65 persoas sentadas, separadas por convivintes previa confirmación de butaca tras solicitude no noso correo: aflm.aguinho@gmail.com ata data máxima o sábado 15 de maio ás 14 horas.

Debuxos para conmemorar as Letras

A asociación que leva o nome do benquerido párroco de Aguiño ten preparada algunha sorpresa a maiores para a rapazada, na celebración do 17 de maio. Así, todos os nenos e nenas que ese día leven un debuxo alusivo ao Día Letras Galegas recibirán como agasallo un peto azul cun debuxo alusivo a este día, á autora homenaxeada e á celebración da asociación. Os debuxos serán publicados posteriormente no perfil de Facebook da nosa entidade.

Do mesmo xeito, a organización recorda que todos os nenos e nenas participantes na actividade que a asociación organizou durante o confinamento (de marzo a xuño) baixo o lema #Euquedonacasa, e non o fixeran xa, poden recoller no C.C. Lustres Rivas de Ribeira o estoxo para mascaras conmemorativo das Letras do ano 2020 dos que xa se repartiron un cento.

Segundo engaden dende a asociación, “queremos festexar esta efeméride tan salientable para a cultura galega, a celebración das nosas letras, do noso idioma e a posta en valor da creación cultural feita en Galicia co espectáculo de Rilo & Penadique”.

E explican tamén: “Dadas as circunstancias non podemos celebrar un gran evento, como levamos facendo dende o ano 2006, con xogos populares, inchables, lambetadas e xornada de debuxo amais de espectáculo, pero si doutra maneira podemos organizar un acto que non pase desapercibido para que unha vez máis o Día das Nosas Letras teña lugar en Aguiño”.

Para esta actividade a asociación conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira e da Deputación da Coruña. “Queremos facer un chamamento a participar na actividade e agradecemos a comprensión nos límites establecidos polo protocolo fronte ao COVID-19 pero seguiremos apostando por crear cultura, #CulturaSegura”, engaden.

Sinopse do espectáculo Contos na punta da lingua de Rilo & Penadique

No 2017 xuntáronse o amor pola literatura e a palabra dita co amor pola música e o universo da infancia, e nace de parto natural Rilo&Penadique. Elas narran, cantan e musican contos escoitados nalgún lugar ou escritos nalgún libro, nacidos dende o ser. Fusionan o mundo da nenez coa palabra e a música dando lugar a espectáculos de narración oral para bebés, rapazada e público familiar. Sonsoles Penadique leva a parte musical e Vero Rilo a narración oral.

Presentáronse na escena galega co espectáculo-obradoiro para bebés e familias Arre Ru, e pouco despois afianzáronse como dúo coa proposta para público familiar O pozo das señoras. Pouco despois saíron de Galiza para explorar novos mundos.

Ata a data acumulan novos títulos: A formiga no carreiro, Barrococó, Derriba da lúa, Historias con susto para durmir a gusto…Recentemente deron o salto ao público adulto co espectáculo Arrolando as Frores e seguen xirando con Lavandeiras.

A duración do concerto é de 55 minutos aproximadamente co obxectivo de que as familias gocen e axudan a cantar e xesticular; tratase dun espectáculo infantil e familiar en lingua galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.