A Asociación de Empresarios de Ribeira condena a festa ilegal de Bandourrío e pide sentidiño para evitar máis prexuízos á hostalería e ao comercio

18 Maio 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado relativo ao acontecido esta ponte festiva na localidade, nun establecemento hostaleiro do barrio de Bandourrío no que foi denunciada unha festa de xente nova na que se incumprían as medidas antiCOVID e na que se descubriu, supostamente, a presenza dunha concelleira.

“Ante a noticia do ocorrido, desde esta asociación queremos unirnos á condena dos feitos en si mesmos por ser de suma gravidade e de poder carrexar múltiples consecuencias, todas elas desfavorables, para a saúde e economía da nosa cidade”, explica a patronal ribeirense, engadindo que “non se poden esquecer as consecuencias que un peche traería para toda a comarca” e “en especial para a nosa hostalaría e comercio tan castigados xa de seu por esta pandemia”.

A asociación, por todos os motivos devanditos, fai unha chamada de atención ás autoridades competentes para que dispoñan dos medios necesarios para “evitar as festas, botellóns e reunións de persoas novas, e non tan novas, que sabemos seveñen producindo”.

Amais, recordan a importancia de poñer en marcha medidas como a patrulla antiCOVID, impulsada no seu día dende a patronal, ou outras iniciativas análogas “encamiñadas a evitar estes feitos”, polo que instan ás autoridades “a que tomen cartas no asunto con seriedade e eficacia”.

E engaden no seu comunicado, asinado polo presidente Francisco Martínez Gude: “Non somos nós quen debemos dilucidar a culpabilidade e responsabilidade que neste feito teña ou poida ter esta ou aquela persoa, pero se pedimos con firmeza a responsabilidade e cooperación da sociedade e autoridades para evitar que feitos tan lamentables volvan pasar. Facemos unha chamada ao Sentidiño, e ofrecemos a nosa colaboración e esforzo, como xa reiteramos en múltiples ocasións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.