Ribeira acolle esta finde unha presentación literaria, un contacontos e un espectáculo familiar

29 Abril 2021

Esta fin de semana Ribeira vai acoller en diferentes emprazamentos tres actividades culturais de balde. Serán tres citas seguras, unha presentación literaria, un contacontos e un espectáculo familiar, nas que se aplicarán as máis estritas medidas para garantir a seguridade das e dos asistentes. A primeira en celebrarase será a presentación da novela Celada, este venres 30 ás 20 horas no Auditorio Municipal. A novela, escrita polo ribeirense Antonio Piñeiro, foi a gañadora da sétima edición do Certame Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.

E xa dentro da programación do Maio Cultural (en breve se dará a coñecer o calendario completo) haberá dous eventos o sábado 1 de maio. Por unha banda, ás 12 horas no Centro Cultural Lustres Rivas desenvolverase unha función contacontos, a sesión Contos para derreter cera, de Alba Grande, dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos. As reservas débense formalizar enviando un correo a normalizacion@ribeira.gal indicando nome, apelidos, teléfono e relación de convivintes.

E ás 19 horas no pavillón de Palmeira Alcalde Torres Colomer ofrecerase o espectáculo familiar O Conto de Barriga Verde, de Fran Rei, e especialmente destinado tamén aos nenos e nenas maiores de 3 anos. Ao igual que no caso anterior, as persoas interesadas deberán formalizar a súa reserva a través de normalizacion@ribeira.gal indicando nome, apelidos, teléfono e relación de convivintes.

Láser tag

Por outra banda, Cultura do Concello de Ribeira lembra que proseguen as partidas de láser tag nas parroquias que organiza a Concellería de Xuventude: o sábado 1 de maio terán lugar en Olveira e o domingo 2 en Castiñeiras. O prazo de inscrición está aberto na Oficina de Atención Cidadá (OAC), no teléfono 981 835 417, extensión 10272, ou no correo electrónico xuventude@ribeira.gal.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.