Primeira vítima da COVID de A Pobra

09 Abril 2021

A Covid que desde fai dez días afecta o municipio da Pobra cobrouse á súa primeira vítima mortal. Trátase dunha muller de 77 anos que estaba ingresada na unidade de coidados intensivos do Clínico de Santiago e que falecía nas últimas horas.

A muller tiña patoloxías previas. O alcalde do municipio, Xosé Lois Piñeiro lamentou profundamente este falecemento, que confesou que é unha das peores noticias que se pode dar como rexedor.

O rexidor pobrense amosou o apoio aos parentes da falecida, e lembrou que hai que seguir loitando para saír deste pesadelo na que se atopa a localidade, que suma uns corenta contagios e está nas máximas restricións desde onte. Con esta morte xa son catro veciños da Pobra os que faleceron polo covid desde que se iniciou a pandemia, e 85 entre todos os concellos de Barbanza, mentres que na conxunto da área sanitaria os mortos por coronavirus xa suman 359.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.