O proxecto de construción de beirarrúas na Gándara (Ribeira) recibe 28 ofertas

20 Abril 2021

Finalizado o prazo para a presentación de ofertas, o Concello de Ribeira informa de que foron 28 o número de propostas presentadas para o proxecto de dotación de beirarrúas (300 metros) nun treito da estrada AC-550 ao seu paso polo lugar na Gándara, na parroquia de Oleiros, limitando co municipio de Porto do Son.

Con estes traballos búscase “aumentar a seguridade no tránsito peonil” e, por este motivo, reordenarase a zona de tránsito de viandantes construíndo beirarrúas a base dun pavimento continuo de formigón desactivando, tratando de lograr un ancho mínimo de 1,50 metros. Previa á construción destas beirarrúas realizaranse labores de limpeza e demolición das soleiras existentes.

Pluviais

Ademais, instalarase unha rede de drenaxe de augas pluviais consistente na colocación dunha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas sumidoiro ao longo do percorrido das beirarrúas e paralelo ás mesmas.

O orzamento ascende a 56.611,12, IVE incluído, enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 1/2019.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.