O PBBI solicita traballos inmediatos e continuos de limpeza no río Listres e nos restantes cursos fluviais de Ribeira

20 Abril 2021

O Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seu concelleiro e portavoz Vicente Mariño de Bricio, presentou unha moción para ser debatida en pleno relativa ao estado no que se atopa o río Listres, ao seu paso pola parroquia de Aguiño. Segundo fai saber a agrupación, son numerosas as queixas que veñen advertindo da “gran cantidade de lixo e materia orgánica que se acumula no dito río, do mesmo xeito que acontece noutros cursos fluviais que pasan polo resto do termo municipal”. O problema, que o PBBI constata que puido corroborar, pon de manifesto “unha falta de limpeza en todo o seu percorrido”.

Ademais, aclararon, “detectamos que nos últimos meses creceu abundante vexetación tanto no medio da canle como nas súas marxes, ademais de que tamén se desprenderon algúns arbustos sobre as concas fluviais, e tamén advertimos hai meses do perigo da caída dunha árbore de enormes dimensións e que ameaza a vivendas próximas”.

E engaden: “No PBBI entendemos que todos eses restos ou residuos que están tirados pola canle dese río, así como doutros, aumentan o risco de que se rexistren desbordamentos e que haxa inundacións. Por iso, entendemos que debería efectuarse un seguimento e control periódico da situación dos ríos do municipio e desenvolverse un plan de limpezas anuais e que se xestione a obtención dos permisos necesarios e oportunos coa antelación suficiente para poder acometer eses traballos”.

A agrupación tamén denuncia que ao río Listres “chegan augas residuais, polo que entendemos que unha vez que se proceda á limpeza do mesmo, debera levarse a cabo unha inspección para tratar de localizar algunha conexión de fecais irregular a esta canle fluvial”.

En virtude de todo o exposto, o grupo municipal do Partido Barbanza Independente (PBBI) solicita o seguinte:

· Que por parte do Concello de Ribeira, directamente ou a través dos organismos competentes, sexa acometida a limpeza da canle e as marxes do río Listres, incluíndo a eliminación da vexetación que os invade e a retirada dos arbustos caídos, e tamén da árbore de grandes dimensións que corre o risco de caer sobre vivendas próximas.

· Que o Concello de Ribeira proceda a desenvolver un plan de limpezas anuais para realizar limpezas periódicas nas canles fluviais do municipio, solicitando os permisos que sexan necesarios e oportunos para tal fin.

· Que unha vez que se acometa a limpeza dos cursos fluviais e as súas marxes, o Concello realice as inspeccións para localizar conexións irregulares de augas fecais á canle do río Listres.

· Que o Goberno local solicite algunha liña de axudas e subvencións para levar a cabo os labores de conservación e mantemento dos ríos do municipio.

Outros artigos

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas deFormación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...