O alumnado de Lousame coñece os riscos dun mal uso das novas ferramentas tecnolóxicas

19 Abril 2021

Un total de 40 estudantes de terceiro e cuarto curso da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame participaron nunha sesión formativa sobre a adicción ao xogo entre adolescentes e os recursos dos que poden botar man para pórlle freo. Na sesión púxose o foco nos riscos que pon en xogo un uso non controlado nin racional do xogo en liña, das redes sociais e das novas ferramentas dixitais, problemas que están cada vez máis presentes entre a mocidade e dende idades máis temperás.

O proxecto desenvolvido nas aulas do centro enmarcase no Plan de Acción Social de Servizos Sociais e foi impulsado pola Deputación Provincial da Coruña, que colabora con entidades de iniciativa social que traballan neste eido.

A entidade AGALURE (Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados), referente na provincia da Coruña no tratamento e prevención da ludopatía e parte da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados, encargouse dos traballos de xestión, coordinación, difusión e avaliación deste programa preventivo. Os obradoiros estaban dirixidos a poboación de entre 12 e 18 anos, neste caso 29 de alumnos e alumnas de 3º da ESO e 11 de 4º curso.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, agradeceu a “oportunidade de desenvolver este programa entre os adolescentes do noso concello. As condutas de adicción ao xogo, ás apostas e o mal uso das novas tecnoloxías por parte dos máis xoves é unha preocupación que compartimos todos e todas, polo que a nosa implicación coa súa erradicación é absoluta”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...