Incautadas en Ribeira dúas lanchas habilitadas para o narcotráfico

15 Abril 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, veñen de incautar nunha nave de Ribeira dúas lanchas preparadas para, segundo fixo saber o corpo policial, “o seu uso en operacións de narcotráfico”. Asemade, a Policía Nacional sinalou que unha das embarcacións tiña instalados dous potentes motores, e á outra de 15 metros de eslora podíanselle axustar até catro motores.

A nave na que se acharon as embarcacións dispuña de servizo de vixilancia, e atopábase “situada estratexicamente”, sinalaron os axentes do destacamento de Ribeira, engadindo que dispuña tamén dunha rampla con acceso directo á ría de Arousa. Ademais foi intervida unha carretilla elevadora para o manexo das embarcacións.

Os efectos incautados foron postos a disposición do Xulgado de Instrución en funcións de garda de Ribeira. Continúase coas xestións de investigación e non se descartan detencións.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.