En Ribeira inauguración da mostra ” 5 artistas do Barbanza”

10 Abril 2021

Co máximo do aforo permitido tivo lugar na pasada tarde no Centro Cultural Lustres Rivas a inauguración dunha nova exposición que reúne unha trintena de obras de cinco creadores da comarca de hoxe e onte: Manuel Ayaso,
Alfonso Costa, Xoán Fernández, Soledad Penalta e Alfonso R. Castelao.
A mostra, titulada “5 artistas do Barbanza”, está organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración do Museo do Gravado de Artes e a Asociación Cultural Barbantia. Abriu o acto a concelleira María Sampedro lembrando que a idea desta exposición colectiva xurdiu en xaneiro do 2020 cando no transcurso da inauguración da mostra de Manuel Romero, Eme Cartea realizou tal suxestión, que foi ben acollida polo Concello.
Pastor Rodríguez tomou a palabra e reparou na circunstancia de que os catro primeiros foron elixidos polos socios para o Premio Barbantia da Cultura, amén de estar presente un clásico da arte galega como Castelao, visto a través da reflexión do salmantino Florencio Maíllo, doutor e Belas Artes e profesor da Universidade de Salamanca.
No nome dos creadores falou Alfonso Costa, quen afirmou que Barbanza é terra de artistas e reivindicou a necesidade dun museo que os apoie, amén de manifestar a honra que supón para el a nivel persoal compartir mostra con Manuel Ayaso, Xoán Fernández (quen non puido estar no acto) e Soledad Penalta, “grandes artistas e magníficas persoas, amigas de verdade”.
O alcalde Manuel Ruiz significou a calidade artística de cada un dos cinco autores. “Aquí un pode disfrutar da beleza da arte en todo o seu esplendor”, declarou, aseverando que todos eles son referentes non só en Galicia senón que podemos presumir deles en calquera lugar onde nos poidamos encontrar.

Intervención Manuel Ayaso

Por último, e aínda que non estaba programado, tomou a palabra Manuel Ayaso para manifestar que “o arte é amor feito visible”, frase que mereceu os aplausos do público.
Ao finalizar, os asistentes recibiron un libro co mesmo título da mostra que, incluído na Biblioteca Barbantia, contén elaborados textos de Eme Cartea (sobre Ayaso), Eva Veiga (sobre Costa), Ventoso Mariño (sobre Fernández), José Manuel Monterroso Montero (sobre Penalta) e de Antonio Cea e Florencio Maíllo (sobre Castelao).
A exposición prolongarase ata o 29 de maio. Pódese visitar, de balde, de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. O aforo é limitado e o uso da cubrebocas, obrigatorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.