En Lousame adxudicadas unha chea de obras para pór a punto viarios e camiños

09 Abril 2021

O Concello de Lousame vén de adxudicar obras en viarios e camiños para “a posta a punto do municipio antes do verán”. Trátase de proxectos a desenvolver en diferentes parroquias do termo.

Así, nas próximas semanas o equipo técnico comezará a pavimentar os viarios de Béxeres, dos camiños da Silva a Estrada Seoane, do da DP ao Clube de Xubilados Adeagrande, así como o acceso a Vilar de Reconco. O orzamento total destinado a esta actuación é de 150.039,68 euros, que se sufragará con fondos do POS+ de 2019. O contrato desta obra xa está firmado coa empresa Excavaciones Yoni Tuñas SL.

Por outra banda, o Executivo local tamén vén de firmar o contrato con Construcións Fermín Simal SL para mellorar o acceso a Pousada dende a Estrada de Portobravo en Tállara, así coma o camiño transversal en Merelle. En total destinaranse 58.901,43 euros do POS+ 2020 a esta actuación.

A mellora do camiño de Vilacoba a Vilar de Reconco tamén comezará en datas vindeiras, posto que o contrato por importe de 66.434,45 euros tamén se asinou xa coa empresa Fárido SL.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, sinalou “a importancia de todas e cada unha destas actuacións, que contribúen a acondicionar os accesos neste municipio e que, por tanto, supoñen grandes melloras no día a día da veciñanza”.

Ademais das obras xa contratadas, o Goberno local de Lousame tamén licitou para asinar proximamente o decreto de adxudicación a obra dos accesos en Comparada e a pavimentación en Bargo, todo cun orzamento estimado de 38.429,83, que tamén se contempla no documento do POS+ 2020. Asemade, o expediente de revisión da pavimentación nos viarios de Guiende (Tállara) e no acceso de Merelle aínda teñen que ser aprobados. O orzamento destas actuacións estimase en 43.397,91 euros, e tamén contará con financiamento provincial.

Outros artigos

O día 19 arrinca a Romaría das Cabesas en Fruíme

Fruíme (Lousame) celebra este mes de setembro, os días 19, 20 e 21, a súa tradicional Romaría das Cabesas, con actividades relixiosas, concertos a diferentes horas do día e propostas de lecer e diversión para a rapazada. Os festexos están organizados pola Comisión de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.