Usuarios do taller de carpintería da Unidade de Atención a Drogodependencias (UAD) de Ribeira principiaron esta semana unha actuación destinada a restaurar o paseo de madeira situado no Carreiro e A Catía, na parroquia de Aguiño.
Os traballos están dirixidos polo profesor do obradoiro, Manuel Casais, e están sendo efectuados por oito persoas. Arrancaron xunto ao campo de Fútbol da Tasca e dende aí se irá reparando a estrutura en dirección ao río Listres. Estímase que se estará actuando na zona ata principios do mes que vén.
Ademais de favorecer a integración dos usuarios, estes labores reverten en beneficio da comunidade, tal e comp aconteceu con outras iniciativas recentes como a rehabilitación do barco da rotonda de Xarás ou a mellora da sinalización na illa de Sálvora.
Os concellos do Barbanza suspenden as actividades deportivas ao aire libre e prohiben o uso de todos os paseos de titularidade municipal
O Concello do Barbanza, ante a previsión meteorolóxica adversa para este domingo, con avisos para o litoral suroeste da provincia da Coruña de refachos de máis de 100 km/h entre as 15:00 e as 18:00 horas e chuvias de máis de 80 l/m2 nun período 12 horas entre as 6:00...