Convocado o concurso para realizar o deseño da sudadeira da Dorna 2021

06 Abril 2021


A Cofradía da Dorna vén de publicar as bases para poder participar no Concurso Ajata Ruin de la Prada 2021, que consiste na realización do deseño da sudadeira da Dorna.
Así, este certame servirá para establecer o modelo de sudadeira da LXXIII Sinjladura, que desta vez será de cor malva.
O concurso, no que poderá participar toda persoa que así o desexe ata o 30 de abril ás 23:59, consistirá na realización propia do deseño da prenda, que terá que incluír a seguinte información como mínimo obrigatoriamente: Ribeira, Festa da Dorna e LXXIII SInjladura. En canto ás características técnicas, establécese un máximo de 4 tintas e deberá ser presentado de forma dixital nun fondo malva. O envío realizarase a través
do correo electrónico afestadadorna@gmail.com ou por mensaxe privada ao Facebook da festa.
Unha vez recollidos todos os deseños, serán os socios e socias da Cofradía os encargados de valorar todas as propostas. Logo, os que mellor puntuación obteñan serán presentados en asemblea ou mediante voto por internet para decidir o gañador final. Ademais de lucir o deseño na sudadeira da Festa da Dorna, o afortunado tamén
recibirá un premio en metálico por valor de 200 euros.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.