Cen anos do pasamento de José Martínez Fernández, o mellor alcalde de Ribeira

07 Abril 2021
José Martínez Fernández

Joferpa.- Este 8 de abril cúmplense 100 anos da morte de José Martínez Fernández, considerado o mellor alcalde de Ribeira. Pertencente á familia Martínez  que tiñan navieiras, eran banqueiros e contaban con salgaduras, foi catro veces alcalde de Ribeira e está considerado como o mellor rexedor que tivo o concello gobernando en nove mandatos nos períodos 1897-1890, 1897-1899, 1904-1909 e 1914-1919.

Nos seus períodos e grazas ás súas boas relación políticas, o municipio conseguiu os maiores logros. Así chegaría o “Título de Cidade de Ribeira” en 1906, porto de segunda clase, cuartel da garda civil, camposantos de Palmeira e Santa Uxía e a segregación do chamado dos protestantes, nova Casa Consistorial e arranxo do Campo do Fraile, fonte do León de Padín, creación do corpo de serenos de Ribeira, traída de auga a Corrubedo desde o Moucho, construción dunha fonte na localidade, reconstrución do porto de Palmeira, arranxo da Rúa Rosalía Castro canalizando o río Pontelliña que discorre baixo esta rúa. Do seu mandato son tamén a construción da estrada Oleiros a Balteiro, Olveira a Corrubedo, Alto do Vilar en Palmeira a Moldes e o camiño Caramecheiro a Estrada do Son. Tamén do seu mandato  é a primeira lonxa de poxas de peixe que entrou en funcionamento o 1 de xaneiro de 1916.

Consistorio Ribeira 1914.Arquivo Joferpa. www.riveira.eu

O Ilustrísimo Señor Don José Martínez Fernández, tamén é lembrado como o grande benfeitor do municipio. Agora que estamos en plena pandemia hai que lembrar a da mal chamada da gripe española de 1918 que afectou á metade da poboación do concello e ocasionou ata setembro de ese ano a morte de 250 veciños. A Corporación  decidiu a busca de médicos e practicantes dado que o médico titular, Nicolás Blanco Sánchez, faleceu pola pandemia. Ase mesmo fixo unha “subscrición“ entre xente púidente para establecer unha cociña económica e facilitar alimentos a enfermos e convalecentes. Do seu propio peto chegou a pagar vacinas para loitar contra a pandemia.

O 13 de xullo de 1919 deixa os seus cargos o fronte  do concello debido o seu estado de saúde, e ese mesmo día era nomeado “Fillo predilecto de Ribeira” . Trasladaríase a Santiago para ser tratado da doenza que padecía e falecería o 8 de abril de 1921, causando o seu pasamento grande pesar en toda a poboación.

Mausoleo familia Martínez Fernández. Arquivo Joferpa

A Corporación Municipal decidiu  decretar loito oficial e dedicarlle a praza situada detrás do novo consistorio co nome de “Praza de Martínez Fernández”, ase mesmo colocaríase unha lápida de mármore  no lugar mais axeitado  da fachada do concello. A Corporación decide colocar un retrato do alcalde que se solicitaría á súa viúva, Dona Francisca Núñe,z e que debería ocupar a Sala de Sesións da Casa Consistorial xunto os de Antonio Romero Ortíz, Rafael Gasset Chinchilla, Pedro Pais Lapido, Luís Lamas Varela, Joaquín Chapaprieta, Francisco Prieto Mera e Eduardo Gasset Neira.
O seu inxente labor pasa sen embargo co tempo o esquecemento e o derrube do vello Consistorio nos anos setenta lévase tamén  a memoria da súa historia e do que fixo por este pobo. Non estaría mal recuperar o seu nome para a nosa historia.      

O ALCALDE DO POBO

Un dos episodios mais sonados e que amosa a forma de ser de José Martínez, aconteceu en xaneiro de 1917 e que lle granxeou o recoñecemento e agradecemento do pobo.  A situación de crise, paro e fame afectaba a todo o concello. O 25 dese mes  o rexedor foi rodeado por unha manifestación de mulleres e algúns homes que exixían a rebaixa dos prezos dos produtos de primeira necesidade e se lles facilitase millo para facer pan. Martínez enviou emisarios a Coruña e Pontevedra para comprar  grao e poñelo á venda  abaixo custe, incluso ordenou ós seus caseiros que desgreñasen o millo e o puxeran á venda o menor custe posible. O día seguinte mentres se celebraba un pleno no que o alcalde informaba das medidas, unha nova concentración mais virulenta  ameazaba con entrar no concello. Martínez amosando grande serenidade fixo que entrase unha comisión de 20 manifestantes para convencelos de que o que pretendían, asalto de comercios e grandeiros, queima de edificios non ía lograr o que querían. A tensión chegou o máximo cando enriba do ruído as campás da igrexa comezaron a  tocar a someten o que levantou os ánimos  e a alarma da poboación. A chegada dun tenente e de seis garda civís calmou os ánimos.

León de Padín. Arquivo Joferpa. www.riveira.eu

Trala trifurca o alcalde iniciou  trámites en entidades provincias e estatais e outras entidades e conseguiu 300 sacos de fariña para dar pan á maioría da poboación local. Ase mesmo alcaldía e corporación acordan utilizar tódolos fondos municipais e incluso endebedarse para adquirir fondos. O préstamo foi avalado polos propios concelleiros. Así en xuño de 1918 cómpranse 160 quintais de millo en Rois que con outras compras atenuarían a fame. A solución chegaría  en 1919 cando o Alcalde, a través do Goberno Civil e o Sindicato Agrario Católico de Santiago, compran cantidades suficientes de pataca holandesa e irlandesa e millo arxentino. Iso non evitou episodios puntuais como o asalto en xuño dese ano a varios carros cargados de alimentos  e nos que “turbas de chiqueillos sacaban abíchelas sen que a garda civil lograse evitalo expolo.   

bibliografía Daniel Bravo . Riveira,alcaldes para un siglo(1860-1975)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...