As Xornadas Saudábeis de Ribeira inclúen catro charlas para axudarnos a vivir mellor

En Ribeira o Concello vai encher maio de actividades para incrementar a calidade de vida da veciñanza. Estamos a falar das catro charlas que compoñen o programa da sexta edición das Xornadas Saudábeis, que organiza este mes de maio a Concellería de Servizos Sociais. As sesión estarán adicadas a cuestións tales como a alimentación, a prevención, o dolo nos coidadores ou o manexo do estrés.

Os relatorios celebraranse no Centro Cultural Lustres Rivas e están dirixidos a pacientes, familiares, coidadores e cidadanía en xeral.

Dado que o aforo é reducido tendo en conta a situación COVID, o Concello informa que as sesións serán retransmitidas a través da televisión local Canal Barbanza.

Inscricións

O prazo de inscrición arrancará este 30 de maio, venres.

As persoas interesadas poden anotarse de balde no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, situado no edificio Miradoiro de Padín na praza 8 de marzo.

Programa

– Alimentación saudábel e uso da medicación. Venres 7 de maio de 16 a 20 horas. Docente: Dolores Otero Fernández.- Enfermeira da área sanitaria de Santiago

Obradoiro de prevención de infeccións hixiene nas mans, uso seguro de medicamentos, prevención de caídas e accidentes dentro e fóra do fogar. Venres 14 de maio de 16 a 20 horas. Docente: Isabel Ferreiro Cadahía- Médico especialista en Medicina Preventiva.

O coidador. Enfrontando a situación de dolo. Venres 21 de maio de 16 a 20 horas. Docente: Marichel Costa Manzanares. Enfermeira da área sanitaria de Santiago.

O manexo do estrés e a ansiedade. Venres 28 de maio de 16.30 a 20.30 horas. Docente: Marcos Calvo Martinez . Psicooncólogo Clínico.