Os drons dan novos pasos na súa capacidade para loitar contra os lumes

08 Marzo 2021

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participaron a semana pasada nunha actividade para coñecer de primeira man as novas posibilidades que ofrecen os vehículos aéreos non tripulados (UAVs) na loita contra os incendios forestais. A cita foi no Polo Aeroespacial de Galicia, no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo).

Ambos directores presenciaron unha demostración do uso de drons para complementar o despregamento territorial do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta. O obxectivo é empregar estes vehículos para mellorar e modernizar o operativo e a súa eficacia en ámbitos como os tempos de reacción ou a organización do dispositivo. Os drons, explicaron no acto de demostración, “ofrecen claras vantaxes no relativo á optimización dos procesos de toma de decisións no escenario dos lumes de última xeración (de maior virulencia e que afectan á interface urbano-forestal), dentro dunha estratexia xeral de mellora global da eficacia do servizo”.

Na sesión tamén se fixo saber que estes aparellos xa se están a empregar en tarefas de vixilancia, disuasión e como apoio á extinción de lumes. A diferenza é que agora avalíase a posta en marcha de novas funcionalidades e aplicacións que amplíen os horizontes dos drons na loita contra o lume. Neste senso, os directores xerais puideron comprobar como algúns dos vehículos máis avanzados nas Rozas teñen aplicacións, ademais de nos labores xa mencionados, no control dos permisos de queimas de restos agrícolas e forestais, así como na supervisión de indicadores ambientais para o establecemento do Índice de Risco Diario de Incendios (IRDI), entre outras moitas funcionalidades.

Os responsábeis de Defensa do Monte e de GAIN salientaron “as oportunidades que ofrece o uso de drons na loita contra o lume e reiteraron o compromiso da Xunta a prol do aproveitamento destas tecnoloxías tamén no que atinxe a outros ámbitos, como o das estatísticas forestais, o inventario, o sistema de información sobre os montes ou a sanidade forestal”.

Outros artigos

A Riola 2025: Todo Listo para o Máster de Futbolín en Outes

O tradicional "Máster de Futbolín "A Riola 2025" xa quenta motores para unha das competicións máis esperadas do verán. Do 1 ao 3 de agosto, a localidade de Outes, na Ría de Muros e Noia (A Coruña), acollerá este evento que reunirá a xogadores e afeccionados de toda...

+

Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.