O sonense Francisco Calo presenta este venres na súa terra o seu libro sobre a historia mariñeira galega

25 Marzo 2021

Este 26 de marzo, venres, vaise presentar na Casa da Cultura de Porto do Son o libro Vida e traballo no mar dos galegos, de Francisco Calo Lourido (Porto do Son, 1948). A cita será ás 20.00 horas e contará coa presenza do autor e máis de Pastor Rodríguez, coordinador da Asociación Cultural Barbantia, Pilar Sampedro, vogal de Barantia e Luis Oujo, alcalde de Porto do Son. A presentación vén da man de Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Porto do son.

As persoas interesadas en acudir á cita, que se vai desenvolver baixo as máis estritas medidas anti-COVID, deberán reservar antes do venres a súa localidade a través da conta barbantia@barbantia.es.

Polo que respecta a Vida e traballo no mar dos galegos, é unha obra de investigación histórica e etnográfica que forma parte da serie dos Manuais do Museo do Pobo Galego. Trátase dunha exhaustiva pescuda pola costa galega dende Ribadeo até o esteiro do Miño, percorrendo as orixes das primeiras comunidades de mariñeiros, o papel dos mosteiros ou a chegada dos fomentadores cataláns e vascos.

O sonense Francisco Calo é licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC. Recibiu o premio de investigación Antón Losada Diéguez (1995 e 2011), o colectivo Otero Pedrayo (1979) e varios premios á creación literaria. Patrón do Museo do Pobo Galego, do que foi secretario da xunta reitora, é correspondente da Real Academia Galega e membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, etc.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.