O presidente Feijóo aborda co alcalde Ruíz a evolución dos proxectos de maior interese para Ribeira

16 Marzo 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, a evolución dos proxectos de maior interese para o Concello, entre os que destacou as melloras en infraestruturas sanitarias e en materia de estradas.
No tocante ás infraestruturas sanitarias, despois de lembrar que o reformado e ampliado servizo de Urxencias do Hospital do Barbanza está en funcionamento desde o pasado mes de setembro, Feijóo avanzou o proxecto de licitar a reforma da área de endoscopias dixestivas.
Durante a reunión, Feijóo e o alcalde tamén abordaron a situación da futura variante de Ribeira, así como o reforzo do firme da AC-309 e o proxecto para integrar a estrada AC-305 no entorno urbano da localidade. A maiores, analizaron a posible ampliación do polígono industrial.
No tocante á covid, o titular do Executivo autonómico salientou que desde o inicio da pandemia, no marco do Plan de Reactivación posto en marcha pola Xunta, activáronse diversas liñas de axudas das que se beneficiaron autónomos e pemes do municipio.
Así mesmo, aproveitou a xuntanza para destacar igualmente a colaboración entre ambas administracións na loita contra a covid, coa entrega de material por parte da Xunta como: máscaras, xel hidroalcólico, luvas, batas, traxes, desinfectantes e pantallas faciais.
Finalmente, o presidente da Xunta valorou o reforzo por parte do concello dos servizos sociais e das axudas para autónomos.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.