O Museo do Gravado inaugura este 5 de marzo ás 17.00 horas a mostra de homenaxe de Manuel Ayaso

01 Marzo 2021

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este venres 5 de marzo a exposición en homenaxe ao artista Manuel Ayaso Dios (Aguiño, 1934). O acto oficial de apertura da mostra comezará finalmente ás 17.00 horas (e non ás 13.00 horas, como indicamos erroneamente os días pasados) na sala 0 do dito recinto expositivo. Contará coa presenza do presidente do Museo e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, do vicepresidente, Javier Expósito Paradela, e do director Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.

A exposición consta de 110 punta seca orixinais inspiradas na obra do artista checo Franz Kafka e que ocupan dúas das salas do Museo do Gravado. Acompaña a mostra a edición dun libro para bibliófilos en edición limitada a 26 exemplares (1 P.A., e 1/25 ao 25/25) numerados e asinados polo propio artista homenaxeado con textos de Felipe Senén, Eva Veiga e Xabier L. Marqués. O libro está recollido nun estoxo de madeira serigrafada e contén 110 serigrafías orixinais asinadas e numeradas por Manuel Ayaso e autentificadas ante o notario José Prieto Luengo de Boiro.

O acto realizarase respectando todas as medidas sanitarias de prevención contra a COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.