O Lustres Rivas albergará a exposición Flores Silvestres de Galicia a partir deste venres

02 Marzo 2021

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira vai celebrar dende este venres, 5 de marzo, unha nova exposición titulada Flores Silvestres de Galicia, elaborada por Constantino González Pérez.

Constantino naceu en Cenlle (Ourense) en 1950 e destaca polo impresionismo no óleo sobre lenzo cuns trazos sinxelos, harmoniosos, alegres, con moita luz e fáciles de comprender. A gran parte das súas obras pertencen a coleccións particulares e foron xa expostas en España e Portugal.

A exposición pretende amosar ao público as distintas flores silvestres de Galicia como o toxo, os pampullos ou os croques. Así, a mostra ten unha marcada vertente didáctica, xa que todas as pezas están realizadas en óleo sobre lenzo e contan cunha explicación sobre a historia desa flor: a súa orixe, propiedades, hábitat ou período de floración.

O acto inaugurarase o venres ás 19:00 horas e a exposición permanecerá aberta ata o 3 de abril de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00 horas, mentres que os sábados o horario de visita será de 11:00 a 14:00 horas.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.