O Concello renovará o entorno da Aula de Música de Aguiño

04 Marzo 2021

O Concello de Ribeira porá en marcha unha nova actuación que desta vez reordenará as zonas do arredor da Aula de Música de Aguiño.

As obras incluirán mellorar na rúa Manuel Murguía, zona na que se vai a crear unha área de aparcamento tras demoler a beirarrúa actual e substituíla por outra pegada ao conservatorio. Tamén serán desprazadas as dúas luminarias verticais existentes, e os xogos do parque infantil pasarán á parte posterior da parcela, onde serán instalados sobre un pavimento de caucho.

A rúa Manuel Murguía tamén será mellorada a través dunha nova pavimentación para eliminar as fochancas e disgregacións que rexistra a vía. Ademais, a fachada do conservatorio será pintada cunha pintura especial para dar solución a problemas de humidades.

A actuación consta dun investimento total de 49.471 euros e un prazo de execución de dous meses. Así, tódalas empresas interesadas dispoñen ata o 23 de marzo para a presentación das súas ofertas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.