O BNG recolle a demanda da veciñanza de Castiñeiras para instalar unha beirarrúa en Mosqueiros

27 Marzo 2021

O BNG ribeirense vai trasladar ao Pleno do Concello de Ribeira unha demanda que lle fixeron veciños e veciñas da parroquia de Castiñeiras, concretamente do lugar de Mosqueiros, para que se instale unha beirarrúa coa que garantir a seguranza dos peóns e vehículos que circulan por esta zona.
O voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, confirmou que trasladará ao pleno do mes de marzo a necesidade de mellorar a seguranza viaria na rúa Revolta en Mosqueiros (Castiñeiras). Vázquez declarou que ao carecer de beirarrúas son moitos os inconvenientes e dificultades que afectan á veciñanza, pois hai tramos estreitos polos que é perigoso camiñar. Segundo a veciñanza lle trasladou a Vázquez, nas épocas de inverno e de fortes chuvias, é intransitábel porque carece de rede de sumidoiros que recolla a auga que baixa con forza pola pendente que presenta a estrada.
Outra cuestión a ter en conta é a dificultade que podería atopar un vehículo de emerxencias para acceder a dita rúa por ter tramos no que é especialmente estreita, para poder resolver este problema os veciños e veciñas mostran a mellor disposición ofrecendo ceder espazo alí onde sexa preciso para ampliar a rúa e que poidan pasar os vehículos sen dificultades.
Falta de investimento nas parroquias

O voceiro nacionalista, lamenta que o Partido Popular someta ás parroquias a un esquecemento que provoca falta de mantemento en equipamentos básicos, en toda a parroquia de Castiñeiras, ao existiren tramos de beirarrúa que están esnaquizados, teñen abundante vexetación ou mesmo son inaccesíbeis. Con respecto a este tema, indican que hai numerosos tramos da estrada que une Ribeira con Aguiño no que o espazo peonil é moi estreito e mesmo hai postes de tendido eléctrico, telefónico e farois que dificultan o tránsito das persoas. Esta circunstancia fai que as persoas con mobilidade reducida ou con carros de crianzas non poidan pasar e os peóns teñan que arriscar a súa seguridade circulando pola estrada.
Por último, Vázquez asegura que traballarán para garantir maiores investimentos en cuestións básicas da parroquia, pois non é normal que no último POS só se contemplasen 59.000€ para Castiñeiras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.