No Son, chamamento as establecementos locais para dar forma á folla de ruta turístico-sustentábel do Concello

25 Marzo 2021

O Concello de Porto de Son quere converter o municipio nun referente en turismo sustentábel, ou sexa, rendíbel social e economicamente ao tempo que respectuoso e beneficioso co medio ambiente, a paisaxe e a historia do territorio. Por esta razón, o Goberno local quere pór en marcha novas experiencias para explorar e gozar do municipio. Farao ademais co engadido extra de ser un proceso participativo, aberto ao tecido produtivo.

O proceso constará de dous elementos fundamentais. Por unha banda unha liña estratéxica baseada na colaboración cos empresarios e empresarias locais vencellados ao sector turístico, “xa que eles son os primeiros anfitrións para visitantes e turistas durante as súas estadías”. Ademais, dende esta semana e até o vindeiro 4 de abril, poderán participar enviando a súa opinión a través dunha enquisa online que se lles remitiu por correo electrónico e que tamén está dispoñíbel online lista para ser cumprimentada.

A enquisa responde á intención do Concello de “realizar un diagnóstico do sector turístico local, así como a deseñar materiais de promoción turística que amosen ao turista a oferta sonense a través de diferentes experiencias vencelladas ao patrimonio natural e cultural”.

Para calquera dúbida as persoas interesadas poden contactar co equipo técnico do proxecto no teléfono 672 129 860 ou no correo electrónico experienciasportodoson@gmail.com.

Outros artigos

O 21 de setembro abre as inscricións a Ludoteca do Son

O Concello de Porto do Son informou da apertura do prazo de inscricións (o vindeiro luns 21 de setembro) para participar neste novo curso na actividade da Ludoteca Municipal. As actividades darán comezo o 28 de setembro. Haberá dúas franxas de horario: para a rapazada...

+

A Gramola Gominola recala este sábado 12 no Porto do Son

A rapazada do Son e da contorna terá este sábado 12 unha destacada cita musical na praza de España da vila sonense, a partir das 19.00 horas. A cita será cunha das grandes bandas do rock galego actual: A Gramola Gominola. Trátase dunha agrupación formada por Paco...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.